Bonnie St. John
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1964 (59 anos) Detroit, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Trinity College (en) The Bishop's School (en) |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Premios | |
| |
Bonnie St. John, nada en Detroit o 7 de novembro de 1964, é unha ex esquiadora paralímpica estadounidense. A St. John amputáronlle a perna dereita debaixo do xeonllo cando tiña 5 anos. É a primeira afroamericana en gañar medallas nuns Xogos Paralímpicos de Inverno como piloto de esquí, e a primeira afroamericana en gañar medallas en calquera evento paralímpico.[1] St. John gañou medallas de bronce e prata en varios eventos de esquí alpino durante os Xogos Paralímpicos de Inverno de 1984 celebrados en Innsbruck.[2][3] Despois de graduarse en Harvard e obter unha bolsa Rhodes, St. John continuou a súa exitosa carreira corporativa, primeiro en vendas con IBM, logo como consultora corporativa. Tamén escribiu seis libros, un deles coa súa filla Darcy e o seu actual esposo, Allen P. Haines.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bonnie St. John naceu en Detroit o 7 de novembro de 1964 e criouse en San Diego, California.[5] A súa nai, Ruby Cremaschi-Schwimmer, era directora de Lincoln High School (San Diego).[6][7][8] O seu pai, Lee St. John, abandonou a súa nai antes de que ela nacese.[9] Máis tarde, a súa nai casou cun home maior, que abusou fisicamente de St. John e a súa irmá máis vella. Debido a unha afección chamada trastorno focal prefemoral, a St. John amputáronlle a perna dereita por baixo do xeonllo cando tiña 5 anos. Despois de graduarse magna cum laude da Universidade Harvard en 1986, St. John gañou unha bolsa Rhodes para o Trinity College de Oxford,[10] onde obtivo o seu posgrao en economía en 1990.
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 1984 en Innsbruck, Austria, St. John gañou dúas medallas de bronce, unha no slálom, e outra pola proba de slálom xigante, amba na categoría LW2. Tamén participou no descenso LW2, quedando en sétima posición. Recibiu unha medalla de prata pola proba de combinada alpina na clase LW2, o que lle valeu a distinción de ser a segunda muller máis rápida no mundo cunha soa perna nese ano.[3][2]
Carreira literaria
[editar | editar a fonte]St. John escribiu seis libros: Succeeding Sane; Getting Ahead at Work Without Leaving Your Family Behind; Money: Fall Down? Get Up!; How Strong Women Pray; Live Your Joy; e escribiu coa súa filla adolescente, Darcy Deane, How Great Women Lead. Xuntas, viaxaron por varios países do mundo onde coñeceron mulleres líderes, como Hillary Clinton, Condoleezza Rice, Ellen Johnson-Sirleaf, ou a directora de operacións de Facebook, Sheryl Sandberg. O seu último libro é Micro-Resilience, creado xunto co seu esposo Allen Haines.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ St. John, Bonnie. "I Began Skiing With the Amputee Club." Arquivado 01 de agosto de 2020 en Wayback Machine. www.beyondtheultimate.org. Consultaod o 25 de maio de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Bonnie St. John, United States of America: Alpine Skiing." www.paralympic.org. Consultado o 5 de novembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Turner, Patricia. "Exclusive With the First African-American Olympian Champion in Alpine Skiing: Bonnie St. John." www.megadiversities.com, 17 de agosto de 2012.
- ↑ Greenwood, Chelsea (2014-01-06). "Bonnie St. John: Uphill Skiing". SUCCESS (en inglés). Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Spotlight on Bonnie St. John." www.vyneworld.com, 5 de agosto de 2009. Wayback Machine. Consultado o 14 de agosto de 2015.
- ↑ "Skiing Rhodes Scholar Tells of Uphill Battle." The New York Times, 17 de decembro de 1985. Consultado o 7 de xullo de 2016.
- ↑ "Departure of Lincoln's Principal Teaches Hard Lesson in Reality." Los Angeles Times, 8 de xullo de 1990. Consultado o 8 de xullo de 2016.
- ↑ "Obituary: Dr. Ruby Cremaschi-Schwimmer." The San Diego Union Tribune, 4 de xaneiro de 2007. www.legacy.com. Consultado o 25 de maio de 2017.
- ↑ "Bonnie St. John: Author, Speaker, Olympic Medal Winner." www.herstorynetwork.com, 26 de abril de 2012. Wayback Machine. Consultado o 8 de xullo de 2020.
- ↑ "Oxonian Olympians." www.ox.ac.uk, 15 de agosto de 2012. Wayback Machine. Consultado o 20 de setembro de 2012.
- ↑ "Books - Bonnie St. John." Arquivado 15 de agosto de 2020 en Wayback Machine. www.bonniestjohn.com. Consultado o 3 de novembro de 2019.